9/1/08

O dentífrico


A cantidade de dentífrico que debe ser utilizado en cada cepillado é máis ou menos 1 gr. (o tamaño dun chícharo).

Os dentífricos presentan as seguintes funcións :
  1. Limpar e pulir as superficies dentarias, é dicir, eliminar a placa bacteriana e as manchas extrínsecas.
  2. Promover a saúde xinxival.
  3. Manter o alento fresco.
  4. Ser vehículo de axentes terapéuticos, como pode ser o flúor.

Os dentífricos presentan dous tipos de compoñentes, as bases e os princpios activos.

Bases:

Os abrasivos: son os responsables da limpeza e pulido mecánico dos dentes. A abrasividade dun dentífrico mídese en RDA, deste xeito podemos clasificar os dentífricos en tres tipos:

  1. De baixa abrasividade de 0-80 RDA. Son empregados polos nenos e pacientes con dentes sensibles.
  2. De abrasividade media ou normal de 80-120 RDA.
  3. Dealta abrasividade de 120-200 RDA. Estes empréganse en pacientes con moito sarro ou grandes fumadores.

Os deterxentes e sulfactantes. Teñen como función:

  1. Diminuír a tensión superficial.
  2. Desestructurar e facer máis solubles os depósitos dentarios.
  3. Facilitar a dispersión do dentífrico.
  4. Actividade antimicrobiana.

Os espesativos e ligadores. Encárganse de estabilizar a pasta evitando a separación dos compoñentes acuosos e non acuosos durante o almacenamento, ademais contribúe á formación de escuma e melloran as cualidades organolépticas (son as que se perciben polos sentidos).

Os humictantes. Son substancias que manteñen a auga incorporada nos dentífricos ademais de absorver o vapor de auga do medio ambiente polo que evitan o resecamento dos mesmos. Tamén presentan unha acción antimicrobiana e evitan a produción de dentífricos transparentes.

Outras bases son: aromatizantes, colorantes, conservantes e edulcorantes.

Principios activos. Son as substancias que levan os dentífricos para lograr determinados fins, entre eles cabe destacar o flúor sendo o único que prevén a carie e que ademais de pode incorporar aos dentífricos. Os compostos fluorados máis empregados son o fluoruro de sodio e o monofluorofosfato de sodio.

Según a cantidade de flúor os dentífricos poden dividirse en:

  • Dentífricos cosméticos. Son os que teñen de 0-125 mg Fl/100 gr de dentífrico. Son os que se mercan fóra das farmacias.
  • Dentífricos mediciñais ou especiais. Posúen de 125-500 mg Fl/100 gr de dentífrico. Son os que se adquiren nas farmacias.
As imaxes foron sacadas das seguintes páxinas web:
upload.wikimedia.org/.../250px-Toothpaste.jpg

Imprimir

No hay comentarios: