Este método emprégase para eliminar de forma eficaz a placa do surco xinxival, é unha técnica empregada principalmente por pacientes periodontais.
Colócanse as cerdas no surco xinxival nun ángulo de 45º con respecta ao eixo lonxitudinal do dente e cara o ápice do mesmo de tal xeito que só a 1º fileira aproxímase ao surco mentres que a adxacente toca a marxe xinxival. Prsiónanse lixeiramente as cerdas e realízase unha pequena vibración mesio-distal en vestibular de todos os dentes, lingual de premolares e molares e inciso-xinxival en lingual dos dentes anteriores sen desprazar as cerdas do cepillo.
Este movemento ten un efecto de succión de modo que os restos existentes no surco xinxival ou na bolsa periodontal ascenden pasando ao cepillo.
Nas caras vestibulares de todos os dentes e nas linguais de premolares e molares o mango estará en horizontal con respecto ao plano oclusal, mentres que nas caras linguais dos dentes anteriores o cepillo disporase verticalmente.
Esta disposición do mango será adoptado nas tres técnicas seguintes.
As caras oclusais cepíllanse coa cabeza paralela á superficie oclusal realizando un movemento vibratorio mesio-distal sen que exista desprazamento das cerdas.
Técnica vertical rotatoria/Stillman modificada.
Esta técnica é útil para estimular e masaxear a enxiva.
As cerdas do cepillo colócanse formando un ángulo de 45º co respecto ao eixo lonxitudinal do dente e cara apical. A continuación realízase un movemento vertical de varrido dende xinxival cara oclusal ou incisal mediante un xiro de mango.
Nas caras oclusais as cerdas colócanse perpendicularmente facendo un movemento de varrido antero-posterior.
Emprégase tanto para eliminar a placa da enxiva como a do dente.
As cerdas colócanse o máis paralelas posible ao eixo do dente en dirección apical realizando a continuación unha rotación do mango cara oclusal ou incisal.
Os movementos realizados deben ser suaves para non danar a enxiva; as caras oclusais cepíllanse igual que na técnica de Stillman modificada.
Técnica de Stillman.
Nesta técnica búscase unha maior queratinización da mucosa. Pode producir certo grao de recesión xinxival por iso se emprega máis a técnica modificada.
Colócase o cepillo na zona do surco xinxival cunha angulación de 45º con respecto ao eixo do dente e cara apical efectuándose un movemento rotatorio do cabezal sen desprazar as cerdas.
As caras oclusais cepíllanse igual que na Stillman modificada.