21/12/07

Palillos interdentais

Os palillos interdentais poden ser de madeira ou sintéticos. Teñen forma

triangular coa finalidade de adaptarse aos espazos interproximais onde as papilas están retraídas deixando un espazo interdental aberto maior que os espazos nos que se usasn os cepillos interproximais. Os palillos son o sustituto ideal da seda para a limpeza interproximal.

Tamén poden ser empregados en furcas expostas e superficies radiculares proximais expostas, sendo nestes dous últimos casos máis cómodo o seu emprego montados nun mango.

Os palillos ao igual que os estimuladores non deben ser empregados por persoas que teñen bos puntos de contacto e papilas sans.

O modo no que se emprega é collendo o palillo cos dedos polgar e índice e fixándose na súa posición apoiando o dedo corazón na enxiva, para estabilizar o movemento.

A continuación o palillo insértase na zona interproximal. Unha vez introducido, realízanse movementos vestíbulo-linguais apoiándose sempre contra a superficie dentaria, e non contra a papila, cambiando repetidamente a dirección á hora de inserir o palillo cara mesial e distal para que deste xeito as superficies interproximais poidan ser limpadas.

A imaxe foi sacada da páxina: www.raysan.com.ar/Palillos_01.jpg

Imprimir

No hay comentarios: