21/12/07

Cepillos unipenacho

Son cepillos constituídos por un único penacho de cerdas.


O seu uso soe estar limitado a aquelas rexións da boca que non son fáciles de alcadar con outros dispositivos de hixene bucal, por exemplo:
  1. Cara mesial e distal dos dentes adxacentes a un trámulo edéntulo.
  2. Caras distais dos molares máis posteriores.
  3. Furcas expostas.

Para utilizalo dun xeito correcto o extremo das cerdas aplícase na zona indicada misturando moventos de rotación con presión intermitente.

A imaxe foi sacada da páxina www.odontologiaperu.com/info-pub01_clip_image...

Imprimir

Palillos interdentais

Os palillos interdentais poden ser de madeira ou sintéticos. Teñen forma

triangular coa finalidade de adaptarse aos espazos interproximais onde as papilas están retraídas deixando un espazo interdental aberto maior que os espazos nos que se usasn os cepillos interproximais. Os palillos son o sustituto ideal da seda para a limpeza interproximal.

Tamén poden ser empregados en furcas expostas e superficies radiculares proximais expostas, sendo nestes dous últimos casos máis cómodo o seu emprego montados nun mango.

Os palillos ao igual que os estimuladores non deben ser empregados por persoas que teñen bos puntos de contacto e papilas sans.

O modo no que se emprega é collendo o palillo cos dedos polgar e índice e fixándose na súa posición apoiando o dedo corazón na enxiva, para estabilizar o movemento.

A continuación o palillo insértase na zona interproximal. Unha vez introducido, realízanse movementos vestíbulo-linguais apoiándose sempre contra a superficie dentaria, e non contra a papila, cambiando repetidamente a dirección á hora de inserir o palillo cara mesial e distal para que deste xeito as superficies interproximais poidan ser limpadas.

A imaxe foi sacada da páxina: www.raysan.com.ar/Palillos_01.jpg

Imprimir

Estimuladores interdentais

Os estimuladores interdentais son estructuras de goma ou de plástico que se insertan directamente a un mango ou se adaptan ao extremo do mango dun cepillo normal.

Están indicados na limpeza do surco xinxival na zona interdental principalmente cando existen amplas troneras. Igualmente pódense empregar cando existen furcas expostas e superficies rasiculares proximais expostas.

Exercen unha acción de masaxe xinxival facilitando a circulación vascular no tecido conectivo e incrmentando a queratinización epitelial.

Empréganse do mesmo xeito que os cepillos interdentais.

A imaxe foi sacada da páxina web: odontologiaa.tripod.com/estimu.gif

Imprimir

Cepillos interproximais

Son pequenos cepillos con forma cónica ou cilíndrica que están unidos a un mango metálico ou de plástico.

Empréganse para limpar os espazos interproximais que son amplos, xeralmente debido a enfermidade periodontal. Tamén son moi útiles para a limpeza entre dentes e prótese fixa así como para furcas expostas.

Ao igual que a seda, os cepillos interproximais pódense empregar como portadores de axentes antimicrobianos.

Para utilizalo, aplícase no espazo interdental de forma inclinada dende apical sen compromir o óso alveolar, realízanse movementos de vaivén en sentido vestíbulo-lingual. En ningún momento debe forzarse a súa entrada con movementos de xiro.
As fotos foron sacadas das seguintes páxinas web: www.clinicabondejuana.com/.../interprox1.jpg

20/12/07

Método de emprego da seda

Para a limpeza de toda a boca emprégase 50 cm. Enrólase dúas voltas no dedo corazón da man esquerda, que derá a man activa, é dicir, a que irá recollendo a seda sucia, e o resto da seda no dedo corazón da man dereita, que será a man pasiva ou de almacenamento até deixar un tramo de seda entre un dedo e outro de máis ou menos 8 cm.

A medida que avanza o uso da seda esta irase desenvolvendo dun dedo e enrolando no outro de xeito que para cada espazo se poida usar seda nova.

Para os dentes inferiores a seda será guiada polos dedos índices mentres que para os dentes superiores será guiada polos polgares. A separación entre os dedos índices e polgares será de 2 ou 3 cm.

A continuación introducirase a seda no espazo interproximal cun suave movemento de vaivén vetíbulo-lingual (diante-atrás) até conseguir pasar o punto de contacto, posto que se a introducimos a presión unha vez pasado o punto de contacto impactaríase na enxiva lesionándoa.

Cando a seda chegue ao borde da enxiva curvarase en forma de C, abarzando unha das caras interproximais dos dentes e deslízase suavemente no surco xinxival até que se note resistencia. Frotaremos o dente realizando movementos de serra vestíbulo-linguais ascendentes e descendentes durante os cales non se debe perder a tensión da seda sobre o dente. Este movemento repetirase entre 3 e 5 veces en función de cal sexa a madurez.

Unha vez finalizados estes movementos sóbese a seda até a mitade do dente para poder saltar a papila e volver a formar o C sobre a outra superficie do dente adxacente realizando así os mesmos ovementos.

Unha vez rematada a técnica sácase con movementos de serra en sentido vestíbulo-lingual, dase unha volta co dedo corazón da man esquerda, e deslíase unha volta do deso corazón da man dereita quedando así preparada para a súa utilización.
As imaxes foron sacadas deta páxina web: www.bvs.sld.cu/.../abr/vol41_1_02/img06402.JPG

Seda dental

É un fío constituído por fibras de nylon fortemente retorcidas ao longo do seu eixo.

A seda dental está comercializada baixo dúas formas diferentes: fío dental e cinta dental, que poden estar enceradas ou sen encerar.

O fío e a cinta dental diferéncinse na cantidade de fibras que compoñen a seda, sendo maior o número de fibras na cinta, e en como están colocadas. No fío adoptan unha forma redondeada mentres que na cinta adoptan unha forma aplanada.

O uso de unha ou outra depende do tamaño do espazos interdentais.

A cinta úsase cando existen grandes espazos interproximais creados por retracción xinxival e perda de óso, no entanto o fío emprégase cando estes son máis pequenos.
En xeral recoméndase o uso de seda sen encerar xa que é máis fina e causa menos lesións, e para pacientes con dentes moi apiñados é recomendable a versión con cera porque permite que se delice mellor.

As funcións da seda dental son:

  • Remoción da placa dos espazos interproximais.
  • Masaxe de papilas interdentais.

  • Detección de cálculo subxinxival e restauracións desbordantes.

  • Vehiculizar, transportar axentes terapéuticos en zonas interproximais e subxinxivais.

Unha variante da seda é o Super-floss. É unha seda dental modificada que consta de tres partes:

  1. Un estremo ríxido que facilita a inserción baixo pontes e ortodoncia.
  2. Unha porción esponxosa que serve para eliminar a placa que está debaixo dos pónticos e ortodoncia.

  3. Unha sección de seda estándar sen cera que se emprega para eliminar a placa no resto da cavidade oral.
As imaxes foron sacadas da páxina web: www.apdent.com/imagenes/saludbucod/03.jpg
www.toothclub.gov.hk/chi/01_inside/OCT_3D_05.gif

Imprimir

Limpeza da lingua

A superficie do dorso da lingua é un lugar propicio para o acúmulo de placa bacteriana debido á presenza de papilas linguais e a cal pode ser causa de halitose, infeccións a distancia ou fonte de orixe da placa bacteriana e outras zonas da boca.

A limpeza lingual pode facerse co cepillo dental ou con limpadores ou raspadores linguais.

Para facelo co cepillo emprégase abundante auga e sen pasta dentífrica cepillándoa, colocando o cepillo o máis posteriormente posible e deslizandoo cara a parte anterior realizando varios movementos sucesivos e inspeccionando o revestimento lingual, até obserbar un cambio na coloración.

Os rapadores ou limpadores poden ser metálicos ou de plástico, según o seu diseño os raspadores poden ser en forma de U ou de T. Os primeiros acadan a zona posterior do dorco lingual con maior facilidade e dan un mellor control de posición do instrumento e de posición exercida a nivel lingual polo que é máis difícil que produza naúseas.


As imaxes foron quitadas das páxinas web: www.farmaciadiscount.com/images/halita-limpia...
www.kissfresh.com.mx/images/modelo.jpg

Imprimir

12/12/07

O cepillo


É o instrumento máis eficaz para a eliminación da placa bacteriana. Recoméndase o cepillado como mínimo tres veces ao día e despois de cada comida, facendo especial fincapé na nocturna.
  • O cepillo dental consta de cabeza, na cal se sitúan as cerdas agrupadas formando penachos. As cerdas poden ser brandas, cuxo diámetro é de 0,17 mm, de dureza media de 0,3mm, ou duras cun diámtro de 0,35,recomendándose o uso dun cepillo brando ou de dureza media. Deberían presentar tres filas de penachos ou como moito catro.Tamén hai que ter en conta o material do que están fabricadas as cerdas, podendo ser naturais ou sintéticas, sendo mellores as sintéticas porque coas cerdas naturais non se consegue unha uniformidade de tamaño nin de diámetro. En canto á forma, debe presentar a punta redondeada posto que así é como son máis efectivos e non causan lesións xinxivais.
  • O mango pode ser recto, con acodadura ou maleable. A elección do mango decidirao o paciente, aínda que debe ter presente que o que ten certa acodadura permite chegar mellor a zonas posteriores, pero á súa vez pode confundirlle en canto ao punto sobre o cal está aplicando o cepillo. Polo contrario o recto ten maior dificultade para acadar estas zonas pero non da lugar a confusión.

A imaxe foi extraída da páxina web: www.elblablabla.com/.../cepillo-de-dientes.jpg

Imprimir

11/12/07

Prevención

A prevención estará basada na actuación sobre cada un dos factores mencionados anteriormente poñendo en marcha unha serie de medidas tendentes a:

1. Aumentando a resistencia do hóspede mediante:
  • Flúor. Por unha banda, pódese facer por vía xeral, mediante a fluoración dos abatecementos de auga, de sal, leite e outros alimentos e a utilización de tabletas e gotas de fluoruros, e por outra banda mediante a utilización de flúor por vía tópica mediante a aplicación de colutorios fluorados, dentífricos con flúor e chicles con flúor.
  • Fosfatos.
  • Selado de fosas e fisuras.
  • Corrección das maloclusións.
  • Imunización.

2. Reducindo o número de microorganismos mediante o control da placa bacteriana.

  • Axentes que interfiren na fixación bacteriana.
  • Axentes que actúan contra a microflora.
  • Eliminación da placa por medios mecánicos (mediante o cepillado dental e a remoción regular de placa por profesionais).

3. Modificando os factores ambientais adversos e limitar o tempo que permanecen os alimentos carioxénicos na boca, mediante a educación sanitaria en alimentación e hixiene dental.

As imaxes foron sacadas da páxina web: http://www.gifanimados.com/

Imprimir

Factores etiolóxicos

Considérase que a carie é unha enfermidade multifactorial dependente das relacións mutuas de catro grupos importantes de factores:

1. Microbianos.

  • Placa dental.
  • Microorganismos.

2. Do hóspede.

  • Idade.
  • Sexo.
  • Diferenzas familiares.
  • Factores constitucionais (saliva e características dos dentes).
  • Estado nutritivo.

3. Ambientais.

  • Distribución xeográfica.
  • Civilización.
  • Dieta.
  • Hábitos de hixiene dental. (Son estes de modo influínte os máis importantes na frecuencia da carie dental).

4. De tempo.

A imaxe foi quitada da páxina web: http://www.gifanimados.com/

Imprimir

Historia natural da carie

A carie é sempre posterior á erupción do dente e é ocasionada pola acción dos ácidos producidos por fermentacións bacterianas e moduladas por factores constitucionais do individuo (morfoloxía e composición do dente) e factores ambientais (dieta, hábitos alimenticios).

A evolución da carie pasa por catro fases:

  • Carie inicial. Afecta só ao esmalte. Prodúcese unha desmineralización na rexión subsuperficial, provocando un adelgazamento, acortamento e eventual desaparición dos cristais, creando microcavidades, principalmente ao longo das estrías de Retzius, e agrandamento dos intersticios interprismáticos. Macroscópicamente, obsérvase unha mancha branca constituíndo o único estadío no que a carie é reversible totalmente mediante a aplicación tópica de flúor. A maioría destas lesións permanecen sen cambios durante anos, revertindo unhas poucas espontaneamente, no entanto outras avanzan rapidamente para formar cavidades.
  • Carie que afecta ao esmalte e a dentina. Neste intre a lesión xa é clinicamente detectable, desenrolándose a cavidade clásica e invasión bacteriana, iniciándose xa para entón a desmineralización da dentina, cuxos conductos son invadidos rapidamente polos xérmenes. A invasión avanza non só en profundidade, senón tamén lateralmente destruíndo a matriz coláxena polas bacterias proteolíticas.
  • Carie profunda que afecta ao esmalte, dentina e polpa. A chegada dos xérmenes á polpa orixina a súa infección e inflamación, e finalmente a necrose. Pode pasar ao sangue e ocasionar trastornos e sintomatoloxía a distancia ou de tipo xeral, ou orixinar a nivel periapical un proceso inflamatorio local agudo (flemón) ou crónico (granuloma), que pode actuar como foco infeccioso con efectos a distancia.
  • Destrución da coroa e posible perda da peza.

A imaxe foi sacada de www.pediatradefamilia.com.ar/imagenes/caries.jpg

Imprimir

Importancia da carie dental

A carie non é unha patoloxía que afecta só á peza dental, xa que a súa importancia vai máis lonxe e as súas consecuencias afectan a todo o individuo e ao seu entorno social e laboral pois leva asociado trastornos de distinta consideración:

  • Vai producir dor localizada, espontánea ou desencadeada pola masticación, o que leva a que se eliminen da dieta aqueles alimentos que requiren unha masticación feble e se sustitúan por unha dieta branda, producindo gastrite, dispepsias... e en casos máis extremos malnutrición e retraso ponderal.
  • A afección das pezas dentais da lugar a abscesos, fístulas, flemóns, adenite... e actúa como un foco séptico con repercusións locais a nivel sinusal e ocular. A longo prazo pode producir endocardite bacteriana subaguda, glomerulonefrite... empeorando o pronóstico da carie dental.
  • A perda de pezas dentais conleva alteracións na oclusión, con asimetría, deformacións da cavidade oral, e causa alteracións fonatorias.
  • A afección por carie dental supón na sociedade occidental grandes problemas de estética, pois a beleza está asociada a unha dentadura sa e limpa, e a perda ou dano das pezas dentais pode conlevar problemas que alteran o equilibrio psicóxeno do individuo, evitando sorrir e podendo producir alteracións de carácter e laborais en determinados traballos que viven da imaxe.

Así mesmo, a carie dental debería ser abordada dende un punto de vista global, cunha perspectiva que non só abarque a lesión dental, senón tamén a patoloxía derivada da mesma e as súas repercusións económicas, sociais, laborais, sanitarias... facendo que tome maior importancia a súa prevención, xa que unha vez instaurada a lesión no individuo non o vai abandoar.

A imaxe foi sacada da páxina web: http://www.gifmania.com/

Imprimir

A carie


A saúde bucal é unha parte integrante da saúde xeral, unha persoa non se pode considerar completamente sa se existe presenza activa de enfermidade bucal.

A patoloxía bucal, concretamente a carie, sempre foi menosprezada como problema médico e de saúde pública, por non ocasionar mortalidade directa. No entanto afecta a máis do 95% da poboación, polo tanto considérase un mal menor que adquire importancia cando produce molestias.

O termo carie, procede do latín e significa putrefacción, descomposición e refírese á destrución progresiva e localizada do dente.

Pódemola definir como unha enfermidade de etioloxía multifactorial e evolución crónica, que afecta aos tecidos calcificados do dente e que se inicia trala erupción dental, provocando por medio dos ácidos procedentes das fermentacións bacterianas dos hidratos de carbono, unha disolución localizada da superficie do dente que evolucionará cara a formación dunha cavidade e a perda da peza dental, co perigo de ocasionar trastornos locais e xerais.
As imaxes foron sacadas da páxina: http://www.gifmania.com/