11/12/07

Importancia da carie dental

A carie non é unha patoloxía que afecta só á peza dental, xa que a súa importancia vai máis lonxe e as súas consecuencias afectan a todo o individuo e ao seu entorno social e laboral pois leva asociado trastornos de distinta consideración:

  • Vai producir dor localizada, espontánea ou desencadeada pola masticación, o que leva a que se eliminen da dieta aqueles alimentos que requiren unha masticación feble e se sustitúan por unha dieta branda, producindo gastrite, dispepsias... e en casos máis extremos malnutrición e retraso ponderal.
  • A afección das pezas dentais da lugar a abscesos, fístulas, flemóns, adenite... e actúa como un foco séptico con repercusións locais a nivel sinusal e ocular. A longo prazo pode producir endocardite bacteriana subaguda, glomerulonefrite... empeorando o pronóstico da carie dental.
  • A perda de pezas dentais conleva alteracións na oclusión, con asimetría, deformacións da cavidade oral, e causa alteracións fonatorias.
  • A afección por carie dental supón na sociedade occidental grandes problemas de estética, pois a beleza está asociada a unha dentadura sa e limpa, e a perda ou dano das pezas dentais pode conlevar problemas que alteran o equilibrio psicóxeno do individuo, evitando sorrir e podendo producir alteracións de carácter e laborais en determinados traballos que viven da imaxe.

Así mesmo, a carie dental debería ser abordada dende un punto de vista global, cunha perspectiva que non só abarque a lesión dental, senón tamén a patoloxía derivada da mesma e as súas repercusións económicas, sociais, laborais, sanitarias... facendo que tome maior importancia a súa prevención, xa que unha vez instaurada a lesión no individuo non o vai abandoar.

A imaxe foi sacada da páxina web: http://www.gifmania.com/

Imprimir

No hay comentarios: