A carie é sempre posterior á erupción do dente e é ocasionada pola acción dos ácidos producidos por fermentacións bacterianas e moduladas por factores constitucionais do individuo (morfoloxía e composición do dente) e factores ambientais (dieta, hábitos alimenticios).
A evolución da carie pasa por catro fases:
A evolución da carie pasa por catro fases:
- Carie inicial. Afecta só ao esmalte. Prodúcese unha desmineralización na rexión subsuperficial, provocando un adelgazamento, acortamento e eventual desaparición dos cristais, creando microcavidades, principalmente ao longo das estrías de Retzius, e agrandamento dos intersticios interprismáticos. Macroscópicamente, obsérvase unha mancha branca constituíndo o único estadío no que a carie é reversible totalmente mediante a aplicación tópica de flúor. A maioría destas lesións permanecen sen cambios durante anos, revertindo unhas poucas espontaneamente, no entanto outras avanzan rapidamente para formar cavidades.
- Carie que afecta ao esmalte e a dentina. Neste intre a lesión xa é clinicamente detectable, desenrolándose a cavidade clásica e invasión bacteriana, iniciándose xa para entón a desmineralización da dentina, cuxos conductos son invadidos rapidamente polos xérmenes. A invasión avanza non só en profundidade, senón tamén lateralmente destruíndo a matriz coláxena polas bacterias proteolíticas.
- Carie profunda que afecta ao esmalte, dentina e polpa. A chegada dos xérmenes á polpa orixina a súa infección e inflamación, e finalmente a necrose. Pode pasar ao sangue e ocasionar trastornos e sintomatoloxía a distancia ou de tipo xeral, ou orixinar a nivel periapical un proceso inflamatorio local agudo (flemón) ou crónico (granuloma), que pode actuar como foco infeccioso con efectos a distancia.
- Destrución da coroa e posible perda da peza.
A imaxe foi sacada de www.pediatradefamilia.com.ar/imagenes/caries.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario