É o instrumento máis eficaz para a eliminación da placa bacteriana. Recoméndase o cepillado como mínimo tres veces ao día e despois de cada comida, facendo especial fincapé na nocturna.
- O cepillo dental consta de cabeza, na cal se sitúan as cerdas agrupadas formando penachos. As cerdas poden ser brandas, cuxo diámetro é de 0,17 mm, de dureza media de 0,3mm, ou duras cun diámtro de 0,35,recomendándose o uso dun cepillo brando ou de dureza media. Deberían presentar tres filas de penachos ou como moito catro.Tamén hai que ter en conta o material do que están fabricadas as cerdas, podendo ser naturais ou sintéticas, sendo mellores as sintéticas porque coas cerdas naturais non se consegue unha uniformidade de tamaño nin de diámetro. En canto á forma, debe presentar a punta redondeada posto que así é como son máis efectivos e non causan lesións xinxivais.
- O mango pode ser recto, con acodadura ou maleable. A elección do mango decidirao o paciente, aínda que debe ter presente que o que ten certa acodadura permite chegar mellor a zonas posteriores, pero á súa vez pode confundirlle en canto ao punto sobre o cal está aplicando o cepillo. Polo contrario o recto ten maior dificultade para acadar estas zonas pero non da lugar a confusión.
A imaxe foi extraída da páxina web: www.elblablabla.com/.../cepillo-de-dientes.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario