Para a limpeza de toda a boca emprégase 50 cm. Enrólase dúas voltas no dedo corazón da man esquerda, que derá a man activa, é dicir, a que irá recollendo a seda sucia, e o resto da seda no dedo corazón da man dereita, que será a man pasiva ou de almacenamento até deixar un tramo de seda entre un dedo e outro de máis ou menos 8 cm.
A medida que avanza o uso da seda esta irase desenvolvendo dun dedo e enrolando no outro de xeito que para cada espazo se poida usar seda nova.
Para os dentes inferiores a seda será guiada polos dedos índices mentres que para os dentes superiores será guiada polos polgares. A separación entre os dedos índices e polgares será de 2 ou 3 cm.
A continuación introducirase a seda no espazo interproximal cun suave movemento de vaivén vetíbulo-lingual (diante-atrás) até conseguir pasar o punto de contacto, posto que se a introducimos a presión unha vez pasado o punto de contacto impactaríase na enxiva lesionándoa.
Cando a seda chegue ao borde da enxiva curvarase en forma de C, abarzando unha das caras interproximais dos dentes e deslízase suavemente no surco xinxival até que se note resistencia. Frotaremos o dente realizando movementos de serra vestíbulo-linguais ascendentes e descendentes durante os cales non se debe perder a tensión da seda sobre o dente. Este movemento repetirase entre 3 e 5 veces en función de cal sexa a madurez.
Unha vez finalizados estes movementos sóbese a seda até a mitade do dente para poder saltar a papila e volver a formar o C sobre a outra superficie do dente adxacente realizando así os mesmos ovementos.
Unha vez rematada a técnica sácase con movementos de serra en sentido vestíbulo-lingual, dase unha volta co dedo corazón da man esquerda, e deslíase unha volta do deso corazón da man dereita quedando así preparada para a súa utilización.